Hemeroteca

Asset Publisher

Back Obradoiro de xogo de sushi no Museo Os Oleiros

Os días 20 e 27 de setembro terá lugar un obradoiro de xogo de utensilios de sushi no alfar do Centro Cultural As Torres, en Santa Cruz.

Trátase dunha actividade dirixida a persoas maiores de 12 anos na que cada participante confeccionará, decorará e esmaltará o seu propio xogo de utensilios de sushi, composto por dúas bandexas e dous soportes para palillos, coas indicacións do ceramista Nano Unzueta.

O prezo do obradoiro é de 4,00 euros e as inscricións poderán facerse a través da páxina web municipal ata o 12 de setembro.

A actividade terá lugar na Escola Municipal de Olería (centro cultural As Torres) os días 20 e 27 de setembro e desenvolverase en dúas quendas:
   - 1ª quenda: de 11.00 a 12.30 h

   - 2ª quenda: de 12.30 a 14.00 h

Inscricións: do 30 de agosto ao 12 de setembro
1ª quenda (de 11.00 a 12.30 h): https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/2083015
2ª quenda (de 12.30 a 14.00 h): https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/2083032

As prazas serán adxudicadas por sorteo público que terá lugar o día 13 de setembro no Museo Os Oleiros ás 10.00 h. Entre o 13 e o 16 de setembro notificaranse e enviaranse as follas de pagamento ás persoas seleccionadas. Terán ata o día 19 de setembro para remitir ao correo: museos@oleiros.org o xustificante de ter realizado o pago; en caso contrario entenderase que rexeitan a praza e outorgaráselle, tamén por sorteo, a outra persoa da lista de agarda.

back link