Hemeroteca

Asset Publisher

Back Obradoiro de restauración e conservación de cerámica nas Torres de Santa Cruz

 Oleiros, 25 de abril de 2022-. O Museo Os Oleiros ofrece unha actividade de restauración e conservación de cerámica nas tardes dos días 19, 20 e 21 de maio. O lugar de realización será o Alfar das Torres de Santa Cruz. 

 
Neste obradoiro tratarase de fomentar o respecto polo patrimonio, esencial para a súa conservación. Tamén se explicarán as diferenzas entre restaurar e conservar, ademais de amosar aos asistentes e asistentas parte do traballo oculto que se realiza nos museos.
 
A actividade é gratuíta e está destinada a todos os públicos. As persoas interesadas en acudir poden inscribirse dende o 26 de abril na web municipal.
 
INSCRICIÓNS: https://forms.gle/3Z2AZYdUTEdC4ffGA 
 
back link