Hemeroteca

Asset Publisher

Back Obradoiro de azulexos no Museo Os Oleiros

 Oleiros, 29 de xuño de 2021-. O Museo Os Oleiros ten aberto o prazo de inscrición para un obradoiro no que as persoas que participen aprenderán a realizar pezas de azulexo. O curso estará dirixido pola ceramista Susana González de Terralume.

 
A actividade vai dirixida a todos os públicos e ten unha duración de tres xornadas, 3, 10 e 17 de xullo. Para obter máis información sobre o obradoiro así coma para formalizar as inscricións é preciso dirixirse ao Museo Os Oleiros, situado nas Torres de Santa Cruz. Tamén é posible chamar por teléfono ao 981 626 692 ou enviar un correo electrónico a museos@oleiros.org.
back link