Hemeroteca

Asset Publisher

Back O XIII Ciclo de Voces Cálidas para Noites de Inverno chega á Fábrica o vindeiro 7 de febreiro

Imagen O XIII Ciclo de Voces Cálidas para Noites de Inverno chega á Fábrica o vindeiro 7 de febreiro

O XIII Ciclo de Voces Cálidas para Noites de Inverno arrancará o sábado 7 de febreiro no Centro Cultural A Fábrica en Perillo. Esta edición estará composta por 3 concertos, os días 7, 14 e 28 de febreiro; que abranguen estilos musicais moi diversos desde o pop-rock indie ata o fado pasando pola música electrónica.
 

O Departamento de Cultura do Concello de Oleiros organiza unha nova edición do ciclo de música Voces Cálidas para Noites de Inverno, que nesta edición arrancará o vindeiro sábado 7 de febreiro de 2026 e que estará integrado por tres concertos que abranguen estilos musicais moi diversos.

O sábado 7 de febreiro inaugurará o ciclo o grupo La Habitación Roja coa presentación do seu derradeiro traballo “Crear”, un disco no que resoa todo o imaxinario que a banda foi tecendo ao longo do tempo con forza cun aire melancólico. O sábado 14 de febreiro será a quenda de Sabela Ramil, unha das caras visibles desta nova onda de pop electrónico que triunfa no panorama musical actual. Finalemente para pechar o ciclo o sábado 28 acompañaranos unha nova promesa da música e do fado, Carolina Varela Ribeiro.

O obxectivo principal deste ciclo é a difusión da música como disciplina artística e a promoción de novos artistas e doutros que xa contan cunha traxectoria musical recoñecida.  

Todos os concertos programados terán lugar no Auditorio do centro cultural A Fábrica, de Perillo. 

A venda de entradas para os espectáculos realizarase con antelación a través de www.giglon.com, e no despacho de billetes dos auditorios municipais desde unha hora antes do comezo do espectáculo, a un prezo de 6,00 euros, ata completar a capacidade da sala.