Hemeroteca

Asset Publisher

Back O VOTO NEGATIVO DO PP E DO PSOE CARREA A PERDA DE CASE 500.000 EUROS E A EXCLUSIÓN DE OLEIROS D

A proposta do grupo de goberno incluía unha serie de obras de grande importancia para o municipio

Oleiros, 26 de novembro de 2010.- A corporación municipal, co voto negativo do PSOE e do grupo popular, rexeitou onte a proposta do Goberno local de Alternativa dos Veciños de destinar os 498.100 euros, cantidade que lle corresponde ao Concello como beneficiario do Plan de obras e servizos da Deputación provincial, a un conxunto de importantes traballos en todo o municipio. Para xustificar o boicot a esta iniciativa do grupo de goberno, a portavoz municipal do PSOE aludiu a un plan de obras en Santa Cristina e presentou unha emenda na que se incluía una enumeración de traballos para esta localidade que carecían de proxecto construtivo, requisito necesario para poder ser incluídas neste plan provincial. Una vez rexeitada a emenda por carecer de contido, o grupo socialista uniuse ao PP e rexeitou a proposta municipal. Esta decisión do PP e do PSOE, especialmente sorprende xa que ambos grupo son coñecedores de que o Goberno local investiu preto de 1,1 millóns de euros este ano en Santa Cristina. Isto supón para os veciños de Oleiros a perda irremediable dos fondos da Deputación.

A proposta do grupo de goberno inclúe unha serie de obras de grande importancia para o municipio. Entre estes traballos atópase a construción dun parque infantil na zona do Valiño e un conxunto de melloras na rede de saneamento que inclúe a substitución do colector da localidade de Lucín co obxectivo de eliminar o risco de desbordamentos, a instalación de novos tramos de tubaxe na rúa Salvador Allende e na urbanización Os Limoeiros, unha nova rede de sumidoiros na zona da lagoa de Mera e a limpeza da finca da antiga depuradora de Rialta.

Ademais destes traballos de saneamento en varios puntos do municipio, a proposta municipal inclúe importantes traballos na localidade de Santa Cristina. Estas obras céntranse na renovación dun tramo da rede de augas fecais na rúa Darwin, que xera inundacións puntuais na avenida das Américas, o selado dun colector de augas residuais nas inmediacións á rotonda de acceso á avenida Santa Cristina e a instalación dun novo tramo de tubaxe na rúa Humbolt.

Tamén dentro desta proposta, o Goberno local inclúe o asfaltado das rúas Os Rosales, en Perillo, e a rúa Os Niños, na urbanización Bastiagueiro. Ademais prevese a renovación de 27 pasos de peóns en Caavamontes e 9 en Santa Cristina.Todas estas obras perderanse.

back link