Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Voluntariado de Oleiros recolle o sábado produtos de nadal para o Banco Solidario no Centro C

Oleiros, 03 de decembro de 2015-. Este próximo sábado, ao longo de todo o día, o Voluntariado de Oleiros recollerá produtos de nadal no Gadis de Bastiagueiro, co fin de apoiar ás familias beneficiarias do Banco Solidario con este tipo de alimentos nas próximas festas do nadal.

Este sábado, 5 de decembro, é o día internacional do Voluntariado e o grupo de voluntarios e voluntarias acordaron facer esta recollida coincidindo con este día. O obxectivo é reforzar con estes produtos os lotes de alimentos que habitualmente reparten dende o Banco Solidario. Cerca de 20 persoas participarán nesta actividade cun stand á entrada do supermercado.

Ademais deste acto, o próximo día 10 de decembro, está previsto un encontro de convivencia de todas as persoas que forman parte do Voluntariado de Oleiros, no Salón de Actos do Centro Municipal de Formación, no que se presentarán as liñas xerais do marco de organización do voluntariado para os próximos anos, un traballo froito do esforzo e das reunións do propio voluntariado a través dun proceso participativo e aberto.
 

back link