Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Voluntariado de Oleiros organiza un concerto solidario de Nadal

Oleiros, 5 de decembro de 2016-. Con motivo do Día Internacional do Voluntariado o grupo de voluntarios e voluntarias de Oleiros organizan un concerto de Ana Mª Brandao o próximo venres 9 de decembro, ás 20:00 horas, no auditorio do Centro Cultural A Fábrica en Santa Cristina. A prestixiosa pianista brasileira colaborará de forma totalmente desinteresada co Voluntariado de Oleiros neste evento solidario.

A entrada é gratuíta e libre ata completar a capacidade da sala, unicamente solicítase a colaboración do público asistente con algún produto de limpeza ou de hixiene persoal con destino ao Banco Solidario, un dos proxectos desenvolvidos polo Voluntariado de Oleiros.

Ana Mª Brandao, orixinaria de Río de Janeiro (Brasil), ofreceu distintos recitais neste último ano por España e Portugal, colaborou coa Escola Municipal de Música de Oleiros así como co Conservatorio da Coruña, cidade na que ofreceu un concerto no Teatro Colón entre outros lugares. É unha recoñecida pianista que actuou con distintas orquestras e coros, así como solista en recitais por distintos lugares do mundo.

 

back link