Todos os martes de 11:00 a 12:00 horas calquera persoa que o desexe pode unirse ao grupo de Voluntariado Oleiros para emprender unha camiñata pola zona de Santa Cruz ou Perillo. Os puntos de encontro serán no Parque Rosalía Mera (para a zona de Santa Cruz) e na Praza Afundida en Santa Cristina (para a zona de Perillo).
A actividade é gratuíta e non precisa inscrición.