Hemeroteca

Asset Publisher

Back O voceiro do PP retráctase de todas as graves difamacións vertidas contra o alcalde no pleno do 16 de setembro

No acto de conciliación celebrado hoxe no Xulgado de Paz, o voceiro do PP de Oleiros, José Ángel Bonome González, retractouse de todas as graves difamacións vertidas contra o alcalde, Ángel García Seoane, no pleno municipal do pasado 16 de setembro. A gravidade das declaracións realizadas polo voceiro do PP, recollidas posteriormente por distintos medios de comunicación, provocaron a denuncia do alcalde nos tribunais.

Na sesión plenaria do 16 de setembro de 2022, nun debate sobre un estudo de detalle, o voceiro do PP manifestou que o alcalde e os seus familiares tiveran un enriquecemento ilícito, prevaricación e cohecho, cando adquiriron unha parcela en Iñás no ano 2000; e que pegara un pelotazo coa adquisición e desenvolvemento do Polígono Industrial, acusando tamén a unha empresa de ser socia inmobiliario do alcalde.

Ao retractarse de todas estas difamacións, o alcalde de Oleiros decidiu retirar as correspondentes denuncias nos tribunais.

back link