Hemeroteca

Asset Publisher

Back O venres inaugúrase a Aula de Maiores de Nós

Oleiros, 20 de abril de 2016-. O vindeiro venres, ás 18:00 horas, realizarase a inauguración da Aula de Maiores de Nós, situada na casa do pobo da localidade. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, e outros membros do Goberno municipal estarán presentes no acto.

O Concello de Oleiros vén de acometer diversas melloras na casa do pobo de Nós co obxectivo de acondicionar os espazos destinados anteriormente a outros fins para poder ser empregados polos maiores da localidade. A partir de agora, ademais de dispoñer dun lugar de reunión e encontro, os e as maiores de Nós poderán realizar as actividades que xa viñan desenvolvendo noutras dependencias nunhas mellores condicións e con maior comodidade.

Así mesmo, o pasado venres 16, tamén quedou inaugurada a Aula de Maiores situada na localidade de Dorneda. Un novo espazo que igual que no caso de Nós tamén pretende ser un lugar de encontro e convivencia dos veciños e veciñas da terceira idade.
 

back link