Hemeroteca

Asset Publisher

Back O venres celébrase a festa de Entroido que organiza o Concello

 Oleiros, 2 de marzo de 2022-. O Concello de Oleiros organiza este venres 4 de marzo unha gran festa de entroido ao aire libre, coa orquestra Os Satélites, con concurso de disfraces e con festa infantil. Será en Perillo, na polideportiva da avenida da II República, e comezará ás 17 horas co grupo de animación para nenos e nenas.

 
O desfile de disfraces está previsto para as 19:00 horas. Unha vez finalice actuará a orquestra Os Satélites. Durante toda a xornada, en colaboración coa Asociación de Veciños A Ría de Perillo, haberá unha barra con venda de bebidas e chocolate.
 
O concurso de disfraces estará dotado con 5.200 euros en premios e contará con dúas categorías, unha de grupos e outra de individuais-parellas. Para participar é posible apuntarse a través da Sede electrónica ou presencialmente na Fábrica, ata o venres 4 de marzo ás 13:00 horas. Non se poderán realizar inscricións in situ na propia festa.
 
 
back link