Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Torreón Bescansa comeza a prestar servizo como punto de atención de Servizos Sociais e Iguald

 Oleiros, 2 de marzo de 2021-. Na aposta do Concello de Oleiros por reforzar os servizos públicos e as políticas sociais ante as adversidades derivadas da pandemia, procedeuse á apertura do Torreón Bescansa como novo espazo de información e atención. Estas novas dependencias están dirixidas principalmente á veciñanza de Perillo e Montrove, para facilitarlles os desprazamentos e evitarlles acudir ata Oleiros. 

 
Este centro permanecerá aberto de luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas. Para acudir recoméndase solicitar cita previa a través do 981 61 00 00, aínda que tamén é posible dirixirse directamente a estas dependencias municipais.
back link