Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Torneo Concello de Oleiros de fútbol comeza o mercores 12 de agosto

O mércores 12 de agosto iníciase a edición LV do Torneo de Fútbol Concello de Oleiros masculino, unha das competicións máis veteranas do fútbol afeccionado da comarca. Un día despois, o xoves 13, arrancará tamén o V Torneo de Fútbol Concello de Oleiros feminino. En ambos os dous casos, a gran final disputarase o sábado 29 de agosto no Campo Municipal Nano García de Iñas. 

Como vén sendo habitual, o Concello de Oleiros colabora cada ano coa organización desta cita deportiva mediante a sinatura dun convenio coas entidades participantes, cun orzamento de 16.050 euros, destinado principalmente aos premios económicos dos clubs e á organización do torneo.

Na categoría masculina competirán 9 equipos: Atlético Perillo, Atlético San Pedro  e Mercurio S.D –grupo A-; Unión Campestre F.C, Hércules S.D e Marino C.F –grupo B-; e C.D Obrero, Santa Cruz C.F e A.D Cristo rey –grupo C-. Na categoría feminina os 5 equipos participantes son: Unión Campestre, Santa Cruz C.F, Marino C.F, C.D Obrero e Atlético San Pedro.

A competición masculina abrirase este mércores ás 20h co encontro entre Mercurio S.D. e Atlético Perillo, no Campo Municipal Nano García de Iñas. Á mesma hora disputaranse tamén os partidos Unión Campestre-Hércules, no campo de O Redondo, e C.D. Obrero-Cristo Rey, en Condús. Nesta primeira xornada descansarán Atlético San Pedro, Marino C.F. e Santa Cruz C.F.

Os encontros femininos comezarán coa súa primeira xornada o xoves 13, tamén ás 20h, co partido Obrero-Marino (Condús). Á mesma hora, en Iñás, xogarase o San Pedro-Unión Campestre. 


 

back link