Hemeroteca

Asset Publisher

Back O son de Brais Morán protagonizará a segunda entrega de Voces cálidas para noites de inverno

 Oleiros, 11 de febreiro de 2014-. O auditorio da Fábrica acolle este sábado día 14 a partir das 20.30 horas a actuación de Brais Morán. Esta actuación enmárcase dentro do ciclo Voces cálidas para noites de inverno. As entradas poñeranse á venda a partir das 19.30 horas a un prezo de 2,50 euros, ata completar a capacidade da sala.

 
Coñecido como o cantante e guitarrista da banda galega de funk Loretta Martin; Brais Morán constrúe agora un universo paralelo cunhas letras máis persoais e cunha forma máis individualista e directa de transmitir, onde decide coller a guitarra e poñerlle unha voz máis desgarrada a unhas cancións que intentan abrir outro camiño máis definido e máis potente na música actual. A banda de Brais Morán está formada por Brais Morán (guitarra e voz), Miguel Queixas (batería), Denís Morán (baixo e coros), Manu Seoane (guitarra). 
 
Desde o pasado sábado día sete o Concello  de Oleiros programa  este ciclo de música para as noites dos sábados do mes de febreiro que está integrado por catro concertos que abranguen estilos musicais diferentes: soul/jazz, bolero, pop e rock. O obxectivo principal é a difusión da música como disciplina artística e a promoción de novos artistas e doutros que xa contan cunha traxectoria recoñecida.  
 
back link