Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Servizo Municipal de Emerxencias atendeu máis de 460 incidencias en 2025

Dispoñer de servizos públicos eficientes, ben equipados e de calidade é unha das premisas do Goberno municipal de Oleiros. Así é que o Concello ten un servizo para atender as emerxencias dotado de todos os recursos necesarios, que funciona as 24 horas os 365 días do ano. 

As cifras das actuacións efectuadas durante o ano 2025 constatan o bo funcionamento deste servizo. En total efectuáronse 468 intervencións, producíndose un notable incremento respecto ao ano anterior debido á maior incidencia dos temporais. Atendéronse accidentes de tráfico, incendios, inundacións, saneamento de fachadas, retiradas de árbores e postes caídos sobre a vía pública, rescate de animais en cantís, rescates no mar…

Para reforzar este servizo, o Concello realizou durante os últimos anos un forte esforzo inversor. Ademais da creación das actuais instalacións situadas en Iñás, incrementouse o persoal e pasouse a prestar o servizo presencialmente as 24 horas, ademais dun continuo proceso de adquisición de material, vehículos, etc.

Este firme compromiso coa mellora continua sitúa o servizo de emerxencias de Oleiros como un referente de seguridade e eficacia. Grazas a esta aposta decidida pola profesionalidade e a dotación técnica, a veciñanza conta coa tranquilidade de saber que dispón dunha resposta rápida e profesional ante calquera emerxencia, garantindo así a protección e o benestar cidadán.
 

back link