Oleiros, 27 de outubro de 2017-. O Consorcio das Mariñas comunicou aos distintos municipios da comarca que non se realizará o servizo de recollida de lixo os días 1 e 3 de novembro, debido á festividade de Santos e ao patrón dos barrendeiros. O punto limpo de Iñás tamén permanecerá pechado eses dous días polo mesmo motivo.
Desde o Concello de Oleiros recoméndaselle aos veciños que teñan en conta esta especial circunstancia. Para evitar a acumulación de lixo, é convinte non tirar depositar os residuos nos contedores nin a noite do martes nin a noite do xoves.