O histórico torneo de fútbol de Oleiros chega xa á súa 55ª edición, reunindo un ano máis aos equipos do municipio e enchendo de ambiente deportivo os campos durante varias semanas de competición.
Nesta edición, o Santa Cruz C.F. e o Unión Campestre acadaron o dereito a disputar a gran final tras superar as súas respectivas semifinais. O Santa Cruz impúxose por 2-1 ao Marino de Mera, mentres que o Unión Campestre venceu por 4-2 ao Atlético San Pedro. Previamente, na fase de grupos, tamén participaron o Atlético Perillo, Cristo Rey, Hércules, Mercurio e Obrero.
Todos os equipos participantes neste torneo, tanto no cadro feminino como masculino, repártense 16.050 euros, destinado principalmente aos premios económicos.
