Hemeroteca

Asset Publisher

Back O sábado, xornada de portas abertas na Escola Municipal de Danza Antonio Gades

Alt=Oleiros, 23 de marzo de 2011-. O Concello de Oleiros organiza o próximo sábado día 26 unha xornada de portas na nova sede da Escola Municipal de Danza. As instalacións do complexo Antonio Gades permanecerán abertas a todos os veciños e veciñas do municipio desde ás 18.00 ás 20.00 horas.

Este novo equipamento docente dispón dunhas modernas instalacións que inclúen 5 salas de danza, oficinas para a dirección do centro, o profesorado e o persoal da administración e dispón duns amplos e cómodos vestiarios.  Ademais, co traslado da actividade da Escola Municipal de Danza a este novo edificio quedan liberadas as aulas que ata hai pouco se dedicaban a este fin no edificio da Fábrica, o que permitirá que estas se utilicen por parte da Escola Municipal de Música e que ademais se creen novas salas de ensaio para músicos e grupos novos.

back link