Oleiros, 29 de maio de 2014-. A costa de Dexo-Serantes será o escenario dunha marcha nórdica que transcorrerá polas súas paraxes máis emblemáticas. Esta sinxela e accesible ruta é apta para todos os grupos de idade, incluídas as persoas maiores. A saída terá lugar ás 11.00 horas desde a igrexa de Santa María de Dexo e a súa culminación será no mesmo punto sobre as 13.30 horas. Esta actividade está organizada a través da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos da que é membro o Concello de Oleiros.