Hemeroteca

Asset Publisher

Back O sábado cortarase o tráfico da N-VI ás 12:00 horas á altura do Sol y Mar

Oleiros, 24 de novembro de 2016-. O Goberno municipal ten convocado para este sábado 26 de novembro un corte de tráfico na N-VI ás 12:00 horas, á altura da intersección de Beiramar-Agramar. O Concello de Oleiros e veciños e veciñas pretenden visibilizar desta maneira os graves problemas de seguridade existentes na N-VI ao seu paso por Oleiros e demandar que o Ministerio de Fomento constrúa a glorieta do Sol y Mar, soterre o tráfico e instale dous pasos elevados para peóns na zona do Seixo.

A interrupción da circulación durará tan só tres minutos, para non prexudicar máis aos xa castigados condutores que utilizan esta estrada. O Concello de Oleiros realizou as comunicacións oficiais pertinentes para poder levar a cabo esta iniciativa reivindicativa na que participarán non só os veciños da zona senón tamén moitas outras persoas de Oleiros e dos demais concellos da comarca que se ven afectados diariamente polas deficitarias infraestruturas viarias existentes para acceder á cidade da Coruña.
 

back link