Hemeroteca

Asset Publisher

Back O sábado comeza a Liga de Judo do Concello de Oleiros

Oleiros, 23 de xaneiro de 2019-. O vindeiro sábado 26 de xaneiro arranca unha nova edición da Liga de Judo que organiza o Concello de Oleiros en colaboración co Judo Club Oleiros. Participan máis de 450 nenos e nenas en idade escolar de toda Galicia e Asturias, entre eles os judokas de Oleiros.

A competición desenvolverase os días 26 de xaneiro, 9 de febreiro, 16 de marzo e 13 de abril. Os combates terán lugar no pavillón José Antonio García Nieto de Canide, en horario de mañá.

back link