Hemeroteca

Asset Publisher

Back O sábado celébrase o VI Trofeo Concello de Oleiros de natación sincronizada

Oleiros, 4 de abril de 2018-. A piscina do INEF, en Bastiagueiro, acolle este sábado 7 de abril o VI Trofeo Concello de Oleiros de natación sincronizada. A competición desenvolverase en xornada de mañá e tarde e está prevista a participación de preto de 400 nadadoras de diferentes clubs de toda Galicia.

O Club Acuatic Oleiros exercerá como anfitrión dunha proba coa que o Concello de Oleiros pretende promocionar e fomentar esta especialidade deportiva. Haberá competición de equipos, así como de combos de escola e de base.
 

back link