Hemeroteca

Asset Publisher

Back O río de San Pedro limparase para evitar asolagamentos

Oleiros, 11 de outubro de 2018-. Ante as demandas do Concello de Oleiros da necesidade de limpar as beiras dos ríos que transcorren polo municipio, Augas de Galicia realizará tarefas de limpeza no río de San Pedro. Con estas actuacións preténdese evitar posibles asolagamentos ante episodios de chuvia moi intensos.

Moitas das beiras e das canles deste río atópanse cheos de ramas, con árbores caídas e todo tipo de maleza que poden chegar a orixinar problemas para a circulación da auga. Os traballos realizaranse nun tramo de 3.860 metros na zona de servidume, que comprende 5 metros.
 

back link