Oleiros, 26 de febreiro de 2016-. O proxecto de carril bici que conectará as localidades de Perillo e Mera será entregado nestes días na Deputación da Coruña. O Goberno municipal agarda agora que se poña en marcha canto antes o expediente de contratación desta importante obra para o Concello de Oleiros.
“Falárase dun carril bici para os concellos da Coruña, Cambre, Arteixo, Culleredo e Oleiros, pero ese proxecto quedou en nada. Primeiro se eran 15 millóns, logo 5, pero finalmente non se levou adiante”, explicou o alcalde Ángel García Seoane. “O Concello de Oleiros o que fixo foi encargar o proxecto de Perillo a Mera para que se faga dunha vez por todas. Xa dispoñemos de todos os terreos precisos grazas ás cesións realizadas por parte dos veciños e veciñas de Oleiros, polo que hai que facer a obra”, dixo Garcia Seoane.