Hemeroteca

Asset Publisher

Back O proxecto Apego, no que participa o Concello de Oleiros, foi galardoado co Premio da Cultura G

Oleiros, 29 de setembro de 2017-. Os premios da Cultura Galega, convocados pola Xunta de Galicia, recoñecen o traballo de persoas e institucións nos distintos ámbitos da creación, a conservación do patrimonio e a difusión da cultura galega. Neste caso, recoñécese a traxectoria de Apego, un programa colectivo no que están implicados os servizos de normalización lingüística de diversos concellos galegos e que está dirixido a fomentar e a mellorar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos nenos e nenas entre 0 e 6 anos neste idioma.

Apego pretende facilitar a incorporación da lingua propia de Galicia na comunicación familiar cos máis pequenos e pequenas da casa, mediante diferentes actividades, recursos e materiais. A comunidade creada en torno ao Apego foi medrando con miles de nais e pais que se foron sumando, cun amplo seguimento nas redes sociais e tamén coa cooperación entre entidades diversas.
 

back link