Oleiros, 14 de novembro de 2016-. O Concello de Oleiros comunicou esta mañá á Subdelegación do Goberno que os veciños cortarán o tráfico da N-VI, á altura da intersección de Beiramar-Agramar, o vindeiro sábado 26 de novembro. A interrupción da circulación realizarase ás 12:00 horas e durará tan só tres minutos, para non prexudicar máis aos xa castigados condutores que utilizan esta estrada.
Desta maneira, o Goberno municipal pon en marcha o acordo adoptado na asamblea que tivo lugar o pasado venres na Fábrica na que os veciños asistentes reclamaron mobilizacións inmediatas para esixir as melloras que tanto necesita a N-VI ao seu paso polo Concello de Oleiros.