Oleiros, 28 de abril de 2020-. O Concello de Oleiros lembra a toda a cidadanía que é posible realizar o pagamento do recibo do IVTM, nichos, vaos e caixeiros ata o día 1 de xuño. Para realizar o aboamento no mes de maio sen recarga do 5% é preciso solicitar un duplicado do recibo mediante o envío dun correo a recadacion@oleiros.org, indicando os datos do titular e a referencia do recibo.
Aqueles cidadáns e cidadás que dispoñan de certificado dixital poden descargar un duplicado ou pagalo a través da sede electrónica, na páxina web do Concello.
A taxa por utilización privativa do dominio público con mesas e cadeiras (terrazas) minorarase polo período correspondente ao estado de alarma. No caso de ter realizado xa o pagamento, poderase solicitar a devolución da parte correspondente ao dito período.