Hemeroteca

Asset Publisher

Back O prazo de matriculación nas escolas infantís do Concello de Oleiros remata o 10 de abril

Oleiros, 8 de marzo de 2017-. Desde o 9 de marzo e ata o 10 de abril estará aberto o prazo para a  presentación de solicitudes nas catro escolas infantís do Concello de Oleiros para o próximo curso 2017/2018. O prazo está aberto tanto para a reserva de praza, para os nenos e nenas que xa están acudindo ás escolas, como para as solicitudes de novo ingreso.

Para calquera tipo de información, as persoas interesadas deben acudir á escola infantil do Concello de Oleiros que prefiran como primeira opción: A Pardela, As Galeras, A Canteira ou A Braña. Alí serán atendidos e facilitarase toda a información que precisen, así como os impresos e a documentación necesaria.

Pode atoparse máis información nas seguintes páxinas web: http://www.igualdadebenestar.org e http://www.escolasinfantis.net.
 

back link