Hemeroteca

Asset Publisher

Back O próximo luns comeza a funcionar o servizo de regulación de aparcamento nas inmediacións das p

 Oleiros, 27 de maio de 2015-. O próximo luns 1 de xuño comeza a funcionar o servizo de regulación de aparcamentos nas frontes marítimas das localidades de Santa Cristina, Santa Cruz e Mera, así como no aparcamento situado nas inmediacións do areal de Bastiagueiro. O obxectivo deste servizo, en funcionamento unicamente durante o período estival, é impedir que os visitantes das praias copen os aparcamentos  durante todo o día. Do mesmo modo, con esta medida, instaurada con éxito o pasado verán, preténdese promover a rotación de vehículos nestes lugares co obxectivo e beneficiar aos numerosos negocios de hostalería que existen na fronte marítima destas tres turísticas localidades.

 
O horario de funcionamento  da ORA será de 12.00 a 20.00 horas de luns a domingo ata o próximo 15 de setembro. A tarifa vai desde 0,5 euros que custa aparcar durante unha hora ata os 5 euros polo día completo. 
 
back link