Hemeroteca

Asset Publisher

Back O próximo día 22 termina o prazo para inscribirse nas actividades de Ocioleiros 2012

Oleiros, 16 de decembro de 2011-. O vindeiro xoves día 22 termina o prazo para inscribirse nas actividades do programa municipal Ocioleiros. O sorteo terá lugar ao día seguinte no complexo cultural A Fábriza de Perillo. Na nova edición de Ocioleiros que se celebrará entre os próximos meses de xaneiro e maio o Goberno local incluirá novas programacións e actividades conservando aquelas que mais éxito tiveron entre os participantes da pasada edición. Debido a alta cantidade de persoas que se inscriben neste programa municipal e a que os sistema que se viña utilizando para adxudicara as prazas nas actividades provocaba que moitos aspirantes se quedaran fora, o Concello modificou o sistema. A partir desta edición realizarase un sorteo por cada unha das actividades nas que se anotan os participantes a diferenza do concurso único, que se viña utilizando e que permitía que algunhas persoas gozaran de dúas actividades e outras quedaran sen ningunha. Os participantes agraciados neste sorteo terán preferencia nunha actividade e non poderán gozar de dúas, agás que algunha non complete o seu número máximo de prazas. As actividades organizadas para esta edición son as seguintes:


14 a 17 anos
cociña,graffiti, danzas actuais (batuka,funky,hip-hop) , surf, iniciación ao hóckey a patíns

18 a 35 anos
cociña, bailes de salón , risoterapia, pintura, obradoiro cata de viños, escalada deportiva en rocódromo , fútbol sala , aquagym , patinaxe en liña, bádminton, bolos, pilates, danzas actuais,teatro cabaré,xardinería
 
36 a 60 anos
cociña, risoterapia, pintura, bailes de salón,cata de viños, xardinería,informática, pilates,técnicas de relaxación, natación, patinaxe en liña, bádminton, bolos
 

back link