Hemeroteca

Asset Publisher

Back O pobo de Oleiros recoñece o traballo e a calidade humana de Cecilia Vecillas cunha homenaxe mu

Oleiros, 22 de febrero de 2016.- Cecilia Vecillas, pediatra dos nenos e nenas de Oleiros durante 36 anos, recibiu unha merecidísima homenaxe do pobo de Oleiros con motivo da súa xubilación. As preto de 300 persoas que abarrotaron o auditorio da Fábrica son a mellor mostra do recoñecemento e da admiración que merecen a súa excelente traxectoria profesional e a súa extraordinaria calidade humana.

O acto, que estivo cheo de emocións e sorpresas, rematou coa intervención da propia Cecilia Vecillas que agradeceu todas as mostras de cariño recibidas. A pediatra dixo sentirse moi cómoda durante todos estes anos no municipio e destacou as políticas desenvolvidas polo Concello de Oleiros.

Pola súa parte, o alcalde eloxiou a traxectoria profesional e persoal desta magnífica pediatra. García Seoane fíxolle entrega dun prendedor de ouro co escudo do Concello de Oleiros e dun libro elaborado por centos de veciños e veciñas que recolle textos, debuxos e fotografías dedicados a esta doutora.

Tamén interveu Enrique Rodríguez de Solidariedade Galega, a ONG coa que colabora Cecilia Vecillas e coa que atendeu a miles de nenos nos países máis desfavorecidos do mundo. Igualmente, o resto de persoas que falaron no acto deron conta do rigor profesional desta pediatra e das súas calidades humanas.

A música da Coral Follas Novas, de Florian Vlashi e do Coro de Voces Brancas da Escola Municipal de Música amenizaron un acto que estivo maxistralmente conducido polo xornalista Alfonso Hermida.

back link