Hemeroteca

Asset Publisher

Back O pleno resolve as alegacións aos orzamentos xerais

Oleiros, 31 de xaneiro de 2014-. No pleno celebrado onte aprobouse de forma definitiva os orzamentos que rexerán a vida municipal ao longo do presente ano tras resolver as alegacións presentadas ao dito documento. O único punto do día tratado na noite de onte na Casa Charry foi aprobado co voto favorable do Goberno local e o voto en contra do resto de formacións políticas. Este orzamento ascende a 25.075.385 euros, e é un 0,10% inferior ao do exercicio anterior.

Durante o capítulo de rogos, mocións e preguntas aprobáronse dúas mocións, ambas co voto favorable do grupo de Goberno, PSOE e BNG. A primeira sobre facilitar o acceso á liquidación do IVA aos autónomos e a segunda instando ao Goberno da Xunta que vele por que Galicia conserve como ben público a vasta colección de arte propiedade da Fundacion Novacaixa Galicia.

 

back link