Hemeroteca

Asset Publisher

Back O pleno municipal condena a sentenza xudicial dos cinco acusados de violar a unha muller en Pam

Oleiros, 26 de abril de 2018-. O pleno do Concello de Oleiros aprobou, na sesión de hoxe, unha declaración institucional para condenar a sentenza de tan só 9 anos de prisión contra os 5 acusados de abusar sexualmente dunha muller en Pamplona. O Concello de Oleiros súmase ás asociacións de mulleres e a toda a cidadanía que entende como un insulto que unha violación en grupo, na que cinco homes aproveitaron a súa superioridade física, só sexa penada con nove anos de cárcere e outros cinco de liberdade vixiada.

O pleno municipal tamén aprobou a moción presentada polo Goberno municipal para apoiar aos integrantes da ONG Proemaid que van ser xulgados en Grecia por realizar labores de rescate ás persoas refuxiadas que atravesan o mar Mediterráneo. Manuel Blanco, Julio Latorre e Enrique Rodríguez acudiron á illa grega de Lesbos para realizar actividades de rescate e salvamento e están acusados dun suposto delito de tráfico de persoas en grao de tentativa e de posesión de armas.

Proemaid é unha asociación española sen ánimo de lucro constituída por profesionais das emerxencias que prestan o seu traballo de forma voluntaria e altruísta. No seu proxecto en Lesbos, esta ONG ten rescatado desde decembro de 2015 a máis de 50.000 persoas do Mediterráneo, facendo unha labor humanitaria imprescindible.

O de hoxe foi o primeiro pleno que se celebrou tras a dimisión da metade dos concelleiros do PP. José Manuel Devesa e Oscar Maceiras tomaron posesión do seu cargo na sesión.

back link