Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Pleno do Concello de Oleiros aproba a constitución do Goberno municipal

Oleiros, 27 de xuño de 2019-. O pleno extraordinario celebrado esta mañá na Casa Charry aprobou todos os puntos da orde do día establecidos para a sesión. Os membros da coporación tamén foron informados do decreto de alcaldía no que se estipulan as áreas do Goberno municipal e as súas respectivas asignacións, quedando configurado do seguinte xeito:

- Ángel García Seoane: alcalde

- María José Varela Neira: primeira tenente de alcalde e concelleira de Interior, Seguridade Cidadá, Urbanismo e Economía e Facenda

- Margarita Figueroa Vázquez: segunda tenente de alcalde e concelleira de Recursos Humanos, Cooperación e Participación Cidadá

- Mª Esther Isabel Garrido Pan: terceira tenente de alcalde e concelleira de Cultura e Normalización Lingüística

- Mª Teresa Vázquez Maseda: cuarta tenente de alcalde e concelleira de Deportes, Formación e Emprego, Turismo e Promoción Económica

- Antonio Molinos Marcote: quinto tenente de alcalde e concelleiro de Obras Públicas e Medio Ambiente

- Pablo Cibeira Taboada: sexto tenente de alcalde e concelleiro de Comunicación e Novas Tecnoloxías

- Aurora Belén Taboada Casal: sétima tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais

- Jaime Rumbo Mosquera: concelleiro de Servizos Municipais

- María José Santos Zas: concelleira de Ensino e Xuventude

- Sandra Fernández Fernández: concelleira de Economía, Facenda e Contratación

- Rosa Mª Méndez Gómez: concelleira de Parques e Xardíns

- Marta María Martínez Martínez: concelleira de Sanidade e Consumo

O reparto económico establecido é o seguinte:

- Alcalde(dedicación exclusiva):  56.743,32 € brutos anuais
- Tenente de alcalde responsable de área(dedicación exclusiva):  42.031,78 € brutos anuais
- Tenente de alcalde responsable de área(dedicación exclusiva):  42.031,78 € brutos anuais
- Tenente de alcalde (dedicación exclusiva): 31.523,80 € brutos anuais
- Tenente de alcalde (dedicación exclusiva): 31.523,80 € brutos anuais
- Tenente de alcalde (dedicación exclusiva): 26.269,88 € brutos anuais
- Tenente de alcalde (dedicación exclusiva): 26.269,88 € brutos anuais
- Tenente de alcalde (dedicación exclusiva): 26.269,88 € brutos anuais
- Concelleiro delegado (dedicación exclusiva): 26.269,88 € brutos anuais
- Concelleiro delegado (dedicación exclusiva): 26.269,88 € brutos anuais
- Concelleiro delegado (dedicación parcial): 26.269,88 € brutos anuais
- Concelleiro delegado (dedicación parcial): 26.269,88 € brutos anuais
- Concelleiro delegado (dedicación parcial): 26.269,88 € brutos anuais

En canto ás dietas, só serán percibidas polos concelleiros e concelleiras da oposición. Establécese unha retribución de 150 € por asistencia a cada pleno ou a cada unha das xuntanzas das comisións.

No tocante ó persoal eventual, o pleno aprobou a creación de 7 postos de traballo para persoal eventual. Aínda que, segundo informou o alcalde, polo momento non se cubrirán todas esas prazas.

O pleno acordou que as sesións ordinarias se celebren o último xoves de cada mes ás 20:00 na Casa Charry. En agosto non haberá plenos ordinarios.

back link