Hemeroteca

Asset Publisher

Back O pleno de aprobación do orzamento para o 2021 celébrase mañá sen público

 Oleiros, 16 de novembro de 2020-. Mañá martes día 17 de novembro hai pleno municipal na Casa Charry, ás 12:00 horas. Debido á situación sanitaria, e en cumprimento da normativa da Xunta de Galicia, a sesión terá que celebrarse sen público. Coma sempre, o pleno poderá seguirse en directo a través de Radio Oleiros, sintonizando no 101.5 FM, a través da web municipal ou mediante a app para móbiles.

 
Entre outros asuntos, o Goberno municipal aprobará os orzamentos municipais para 2021. “Estou escoitando a moitos alcaldes e alcaldesas dicir que non é importante ter orzamentos no 2021 nos concellos pola situación que hai... Pero é que ao contrario, polo momento que atravesamos son aínda máis importantes, porque hai que seguir prestando servizos, son necesarias moitas obras públicas, e ademais desta maneira estamos contribuíndo a xerar emprego, que fai moitísima falta”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
 
Os asuntos que se van someter á aprobación do pleno son os seguintes:
 
- Plan Estratéxico de Subvencións para os exercicios 2021-2023.
- Límite do gasto non financeiro 2021.
- Informe do cumprimento de estabilidade orzamentaria do orzamento para 2021.
- Orzamento para 2021.
- Conta Xeral do Concello de Oleiros de 2019.
- Estudo de Detalle do POL-4 (Sta. Ana-Mera). 
- PACES do Concello de Oleiros.
- Ordenanza xeral de subvencións do Concello de Oleiros.
- Solicitude de subvención á Deputación Provincial para a Feira Alfaroleiros.
 
Tamén tomará posesión do seu cargo o concelleiro do Bloque Nacionalista Galego (BNG), D. Xurxo Martínez Caño.
back link