Hemeroteca

Asset Publisher

Back O pleno aprobará o mércores o II Plan de Igualdade do Concello de Oleiros

 Oleiros, 28 de xuño de 2021-. O Goberno municipal aprobará no pleno do próximo mércores o II Plan de Igualdade do Concello de Oleiros. Trátase dun documento elaborado nun proceso participativo que contou co tecido asociativo, os centros de ensino, as ANPA, os partidos políticos e o propio persoal municipal.

 
Este II Plan de Igualdade incorpora medidas específicas para afrontar un cambio de valores que permitan avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria. Tamén está moi presente o enfoque interseccional, atendendo aos diferentes factores de discriminación que poden darse non só por motivos de xénero, senón tamén por etnia, raza, diversidade funcional, orientación ou identidade ou expresión de xénero, entre outras. 
 
O Goberno municipal aposta por combater con políticas públicas planificadas e transversais, os atrancos que impiden acadar a igualdade entre mulleres e homes e traballar por unha sociedade máis xusta, sen discriminación, solidaria e libre de violencia de xénero en todas as súas manifestacións.
back link