Hemeroteca

Asset Publisher

Back O pleno aproba unha declaración de rexeitamento e condena do bloqueo a Cuba

Oleiros, 26 de maio de 2016-. O pleno do Concello de Oleiros aprobou na sesión celebrada esta tarde unha declaración para rexeitar e condenar o bloqueo dos Estados Unidos de América a Cuba. O Goberno local lembrou que o bloqueo estadounidense segue obstaculizado un normal desenvolvemento do país en toda as esferas da vida económica, social e cultural.

O texto aprobado explica que algúns dos acordos entre ambos países seguen a ser violados, como a Lei de Axuste Cubano, a política de Pés secos, pés mollados e o Programa PAROLE para o persoal sanitario. Ata o momento, Estados Unidos négase a poñer fin a estas prácticas, e nin o peche da prisión de Guantánamo nin a fin do embargo económico semellan ser unha prioridade para a Administración Obama. O Goberno municipal apoia a demanda de Cuba que, como parte agraviada, esixe lexitimamente a compensación polos danos causados como resultado de atentados contra sectores estratéxicos da produción nacional, alicerces da economía cubana que xeraron ao país millonarias perdas, ademais das ocasionadas tras estes 55 anos de bloqueo.

Entre outros asuntos, tamén quedou aprobada a modificación do Regulamento de medidas para a inclusión social. Ante a necesidade de reforzar os recursos que garantan o acceso ao comedor escolar daqueles menores que así o precisen, créase o Título VIII do regulamento de medidas pola inclusión social que recolle que as prestacións de apoio ao comedor escolar.

A modificación aprobada hoxe  permitirá que os nenos e nenas das familias en situación ou risco de exclusión social poidan acceder a estas subvencións de xeito máis rápido e efectivo. Ademais, estes recursos tamén garanten a cobertura das necesidades básicas nun contexto normalizado e favorecen e facilitan a conciliación familiar e laboral daquelas familias que teñen un traballo pero, que pola precariedade laboral que hai na actualidade, non lles permite asumir os costes do comedor escolar.
 

back link