Hemeroteca

Asset Publisher

Back O pleno aproba solicitar fondos europeos para mellorar a eficiencia enerxética do alumeado públ

 Oleiros, 31 de outubro de 2019-. O pleno ordinario do mes de outubro aprobou solicitar unha subvención para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso dunha economía baixa en carbono no marco do programa FEDER 2014-2020. Cos fondos procedentes de Europa o Goberno municipal pretende completar a instalación de luminarias LED en todo o municipio.

 
O pleno tamén aprobou as propostas do Goberno en relación á ordenación de contribucións especiais para a execución da obra de ampliación e urbanización da rúa  da Tema, en Mera.
back link