Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Pleno aproba por unanimidade a proposta do grupo de Goberno que permitirá investir 2,5 millón

 Oleiros, 26 de setembro de 2014-. O pleno do Concello de Oleiros aprobou a proposta do grupo de Goberno que permitirá investir 2,5 millóns de euros en melloras para o municipio nunha longa sesión plenaria celebrada onte na Casa Charry. Esta iniciativa do grupo de Goberno, que contou co apoio dos tres grupos da oposición, permitirá ao executivo levar a cabo importantes investimentos. Entre estes novos investimentos encóntrase a amortización dun préstamo e a mellora de servizos existentes como son a renovación da rede municipal de abastecemento de auga, a rede viaria, que conta con preto de 800.000 euros para novas obras ou a mellora de parques públicos infantís.

 
Outro dos puntos destacados do día foi a aprobación da solicitude á Deputación provincial para modificar o proxecto de mellora da seguridade viaria na carreteira que une Santa Cruz con Meirás. O executivo local propuxo o cambio para que o investimento provincial repercuta na zona urbana deste trazado onde residen 231 familias e non na parte ocupada por terreos rústicos, onde a poboación é sensiblemente menor, aínda que animou ao ente provincial a que do mesmo modo acometa melloras nesa zona.
 
Así mesmo, durante a sesión, tamén se aprobou co apoio do grupo de Goberno e os grupos municipais de PSOE e BNG, a creación dunha taxa polo aproveitamento especial de dominio público local mediante caixeiros automáticos e máquinas expendedoras accesibles desde a vía pública.
 
Por último, e antes do capítulo de mocións rogos e preguntas, concedéronse varias subvencións nominativas para o financiamento de prazas de comedor para alumnos e alumnas en risco de exclusión social ás ANPA dos CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, Ramón María del Valle-Inclán de Perillo, Luís Seoane en Mera e do IES Miraflores en Oleiros. Do mesmo xeito, aprobouse por unanimidade a concesión dunha subvención á ANPA Bolboreta da Escola Municipal de Danza pola adquisición de vestiario do alumnado para o festival de fin de curso.
 
back link