Hemeroteca

Asset Publisher

Back O pleno aproba os estatutos para crear a Mancomunidade das Mariñas

 Oleiros, 28 de outubro de 2021-. O pleno municipal aprobou por unanimidade o texto dos estatutos polos que debe rexerse a Mancomunidade das Mariñas composta polos concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Sada e Oleiros. O obxectivo deste novo organismo é mancomunar servizos públicos para mellorar a prestación e abaratar custos.

 
O pleno tamén acordou a derrogación da ordenanza municipal reguladora da Inspección Técnica de Edificación (ITE). O motivo é a entrada en vigor dun decreto da Xunta de Galicia segundo o que todos os propietarios de edificios de vivendas colectivas de máis de 50 anos de antigüidade quedan obrigados a pasar unha inspección para acreditar o estado de conservación do inmoble, a accesibilidade universal e a súa eficiencia enerxética.  
 
Tamén se celebrou unha sesión extraordinaria a petición dos grupos da oposición. Ademais de recibir previamente toda a información solicitada, no propio pleno o alcalde informou a todos os membros da corporación sobre as cuestións preguntadas.
 
back link