Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Pleno aproba o regulamento de melloras das axudas sociais para o persoal laboral presentado p

Oleiros, 12 de maio de 2011-. A corporación municipal do Concello de Oleiros aprobou na sesión plenaria desta mañá na Casa Charry, a última do actual mandato, a mellora das axudas sociais do persoal laboral do Concello. Este regulamento, presentado polo Goberno local tras chegar a un acordo co Comité de Empresa, suporá mellorar as prestacións de carácter social, asistencial, sanitarias e educativas deste tipo de persoal. Con esta proposta do Goberno local cúmprese o compromiso adquirido de equiparar as prestacións deste persoal do Concello e do Organismo Autónomo Municipal de Cultura coas do persoal funcionario.

Ademais durante a sesión plenaria a oposición, todos os grupos agás o PP que se abstivo en todas as votacións, apoiou a proposta do grupo de Goberno noutros asuntos de ámbito urbanístico e económico. Estes foron a aprobación definitiva do Estudo de Detalle para o reaxuste de rasantes e a ordenación de volumes na parcela R6-2A do SUP-3R, situada e Perillo, e a aprobación da modificación doutro estudo de detalle dunha parcela situada no Vieiro. Así mesmo, votáronse favorablemente varias modificacións de crédito.

back link