Oleiros, 29 de abril de 2021-. O pleno municipal aprobou a realización de diversos gastos, financiados con fondos propios municipais. Con eses recursos vanse facer actuacións moi importantes no municipio como melloras na rede de auga, melloras na rede de saneamento, acabar o campo de fútbol de Mera, melloras en estradas, obras de beirarrúas... e outros gastos como os fondos para a constitución dunha empresa municipal para a xestión do servizo de abastecemento de auga, entre outros.
Hemeroteca
Asset Publisher
Construción de campo de fútbol en Mera
Mellora da accesibilidade, seguridade viaria, e mobilidade sostible
Pintado e iluminación do aparcadoiro do pavillón da Rabadeira
Pavimentación da rúa Marcial del Adalid, rúa das Palomas e ramal da rúa Portelo
Substitución de colector de saneamento en Canide
Reparación da rede pluviais na rúa do Bañil
Mantemento correctivo das instalacións eléctricas e gas no Concello
Mellora da eficiencia enerxética no alumeado público
Acondicionamento da casa de madeira de Bastiagueiro
Reparación de emerxencia de colector de saneamento en Icaria
Cambio de uso da casa Etcheverry
Reparacións puntuais na rede saneamento (rotonda Sta. Cruz, Río Seixo, Miguel Servet e outras)
Construción de beirarrúas na rúa Doutor Fleming
Novo parque infantil en Mesón da Auga
Reparacións de emerxencia das pluviais da Casa do pobo de Nós
Reparación de camiños no parque Nelson Mandela
Construción de área de deporte urbano – parkour en Bastiagueiro e ampliación da pista de skate
Contratación proxecto edificio multiusos en Bastiagueiro
Control calidade das obras públicas
Seguridade e saúde das obras públicas
Plan de mobilidade urbana sostible
Plan de embelecemento municipal
Expropiación forzosa parcela 287 polígono 16 (zona verde ZV-5 Parque forestal de Liáns)
Expropiación forzosa conexión viaria (Rúa Loural) solo urbano en contacto do SUD-11
Migración da plataforma de correo corporativa
Compensación do desequilibrio económico do contrato de xestión, explotación e mantemento das piscinas
Liquidacións do Consorcio Galega da Igualdade e do Benestar polo mantemento das Escolas infantís e Centro de día
Constitución da empresa municipal para a xestión do servizo de abastecemento de auga
O Goberno municipal tamén aprobou na sesión unha moción para esixir das entidades financeiras o reforzo dos recursos necesarios para poder ofrecer un
servizo axeitado durante todo o horario de oficina que cubra as necesidades dos e das usuarias, especialmente das persoas maiores, dada a súa dificultade para acceder ás xestións en liña ou directamente ós caixeiros automáticos e que se ven abocadas a situacións penosas á hora de acceder ás oficinas bancarias, impulsando unha mellora na atención presencial e nos servizos a prestar que responda ás necesidades dos usuarios, como se viña facendo ata hai ben pouco e ademais tendo en conta os permanentes beneficios anuais das entidades financeiras.