Hemeroteca

Asset Publisher

Back O pleno aproba novas obras por importe de 1,2 millóns

 Oleiros, 27 de xaneiro de 2022-. O pleno municipal aprobou as obras a incluír no Plan de obras e servizos da Deputación da Coruña que suman 1.239.503,58 euros. En concreto, trátase da renovación do céspede no campo de fútbol Eugenio Pardo Conchado; pavimentación e renovación de redes nas rúas Fraternidade e Amizade; creación de nova aula de estudo en Rialeda; acondicionamento da rúa Subiña e da rúa Fonte Cuba e reparacións no peche exterior do Parque José Martí.

 
Na sesión celebrada hoxe tamén foi aprobada unha moción do Goberno municipal de Alternativa dos Veciños para reclamar a despenalización do aborto en El Salvador. A dureza coa que se castigan os abortos na República de El Salvador, baixo a cualificación de homicidios agravados, fai que moitas das mulleres que pasan por este transo reciban condenas de prisión de entre 30 e 50 anos.
back link