Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Pleno aproba definitivamente o Orzamento xeral para 2013

Oleiros, 31 de xaneiro de 2013-. O Pleno do  Concello de Oleiros aprobou de forma definitiva o Orzamento xeral para o presente exercicio nunha sesión extraordinaria, pero de carácter ordinario, que tivo lugar esta mañá no salón de plenos da Casa Charry. Con esta aprobación definitiva o Concello xa dispón do documento sobre o que se rexerá o funcionamento municipal ao longo deste ano.

Durante o pleno tamén se aprobou unha corrección dun erro aritmético en relación ao acordo plenario do pasado 27 de decembro sobre o POS 2013. Así mesmo no capítulo de mocións, rogos e preguntas aprobáronse dúas mocións importantes para os veciños e veciñas do municipio, unha primeira en contra do peche do Centro de Planificación Familiar do Ventorillo que prestaba servizo ás mulleres de Oleiros e outra referente á seguridade e asistencia aos traballadores e traballadoras do mar, que afecta directamente ás confrarías de pescadores de Mera e Lorbé. Ambas foron aprobadas co voto favorable de Alternativa, PSOE e BNG e coa oposición do Partido Popular.

 

back link