Hemeroteca

Asset Publisher

Back O pleno aproba definitivamente o orzamento do Concello para o 2021, de 32,4 millóns

 Oleiros, 23 de decembro de 2020-. O pleno municipal aprobou de maneira definitiva o orzamento do Concello de Oleiros para o ano 2021, que se incrementa nun 2,14% en relación ao do anterior, acadando 32.474.000 euros. O 41% dos recursos destinaranse a bens correntes e servizos básicos, para fortalecer aínda máis os investimentos en políticas sociais, ante a adversa situación social e económica provocada pola pandemia.

 
As alegacións presentadas á aprobación inicial foron desestimadas e inadmitidas, por non basearse en ningún dos supostos legalmente tipificados no artigo 168 e 170.2 do RDL 2/2004, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais. Desta maneira, o orzamento entrará en vigor o vindeiro día 1 de xaneiro.
back link