Hemeroteca

Asset Publisher

Back O pleno aproba as obras que se incluirán no plan POS+ da Deputación

Oleiros, 19 de decembro de 2018-. O pleno do Concello de Oleiros aprobou na sesión celebrada esta mañá as obras que se realizarán con cargo ao plan provincial POS+ 2019. Son 4 os proxectos que se levarán a cabo no 2019 e que teñen un custo total de 825.778,53 euros.

A renovación da rede de abastecemento de auga en Oleiros, desde As Pedreiras ata o centro da localidade ten un custo de 394.361,18 euros. Na urbanización O Bosque procederase a renovar beirarrúas e canalizacións de pluviais por 226.503,12 euros. En Mera realizaranse dúas pavimentacións, na rúa Seixo Branco investiranse 132.686,93 euros e no camiño de Agurniño 72.227,30 euros.

back link