Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Pleno aproba as Contas Xerais de 2010

Oleiros, 7 de outubro de 2011-. O Concello de Oleiros aprobou esta mañá as Contas Xerais correspondentes ao exercicio 2010. A aprobación levouse a cabo nunha sesión plenaria convocada por trámite de urxencia co obxectivo de remitir ao documentación ao Consello de Contas da Xunta de Galicia coa maior brevidade e deste xeito evitar posibles retencións de subvencións como así anunciou o Goberno de Núñez Feijoo para os municipios que non cumpran este trámite. As Contas Xerais de 2010 aprobáronse co voto favorable do grupo de Goberno, a abstención de PSOE e BNG e o voto en contra dos concelleiros do PP.

back link