Hemeroteca

Asset Publisher

Back O pleno aproba a municipalización do servizo de augas

 Oleiros, 30 de xuño de 2021-. O pleno acordou rescatar o servizo de abastecemento de auga aos domicilios. Para tal fin crearase unha empresa pública de titularidade municipal que xestionará este servizo e que se denominará Aqua Oleiros.

 
No pleno celebrado esta tarde tamén se aprobou a construción dunha instalación de parkour e ampliación da actual pista de skate en Bastiagueiro por importe de 200.000 euros. O Goberno municipal pretende consolidar a zona como un espazo de ocio e lecer dirixido, principalmente, para a mocidade.
 
O pleno tamén aprobou o II Plan de igualdade do Concello de Oleiros e unha nova ordenanza de medidas de inclusión social, entre outros asuntos. 
back link