Oleiros, 2 de outubro de 2014-. O período para o pago do imposto de bens urbanos (IBI), o impuesto de bens de natureza rústica (IBIR), así como o imposto sobre actividades económicas (IAE) permanecerá aberto ata o próximo 20 de novembro. O pago destes impostos pode efectuarse de forma sinxela a través da sede electrónica do Concello de Oleiros. Pode acceder a través do enlace existente no portal web municipal www.oleiros.org , desde os veciños e veciñas poderán descargar un duplicado do recibo ou efectuar o pago telemático de impostos, sen limitacións horarias.
De calquera modo, as dúbidas respecto a este modo de pago de impostos ou a calquera outro poden ser consultadas a través do correo electrónico recadacion@oleiros.org ou no teléfono de atención ao contribuínte 981 635 603, onde tamén poderás solicitar un duplicado do recibo.