Hemeroteca

Asset Publisher

Back O pavillón José Antonio López Nieto acolle unha nova edición da Liga de Judo

Oleiros, 25 de xaneiro de 2016-. O vindeiro sábado arranca unha nova edición da Liga de Judo que organiza o Concello de Oleiros en colaboración co Judo Club Oleiros. Participan un total de 23 equipos de toda Galicia e Asturias nas categorías sub 11, sub 13, sub 15 e sub 18.

Ademais desa primeira xornada do sábado, haberá competición os días 11 e 18 de febreiro e o 25 de marzo. Os combates comezan todos os días ás 9:00 horas e terán lugar no pavillón de Canide.
 

back link